Pesca de cerco

A rede de cerco ten forma rectangular e dispón dunha tralla de flotadores na parte superior e de chumbos na parte inferior que manteñen a rede en posición vertical. Os peixes son rodeados polo muro de rede que se pecha pola parte inferior como unha bolsa, cercando as capturas.

A Confraría de Vigo conta cun importante número de socios enrolados en barcos dedicados á pesca do cerco. Trátase buques pesqueiros de entre 12 e 30 metros de eslora, que centran á súa actividade en augas do caladoiro nacional Cantábrico e Noroeste e en augas de Portugal. As principais especies capturadas son sardiña, xurelo, bocarte, xarda, cabalón e boga.