Enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenvolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.
A Confraría de Vigo ten o seu propio plan de xestión para o marisqueo a pé e ademais participa no plan de xestión para o marisqueo desde embarcación en conxunto co resto de confrarías e entidades da Ría de Vigo.
Os plans de xestión son a ferramenta básica para a explotación sustentable e a conservación dos recursos mariños, que integran aspectos biolóxicos, sociais e económicos. Pódese consultar máis información sobre os plans de xestión e biodiversidade na web da Consellería do Mar e as fichas detalladas dos plans de xestión marisqueira autorizados na web de www.pescadegalicia.gal