Novas

O venres 26/11/2021 realizamos a primeira xornada de recollida de lixo de fondos mariños,  como parte das actividades do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22" do Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Este proxecto da continuidade o iniciado a pasado ano 2020 e vaise desenvolver en 6 xornadas de recollida de residuos no intermareal por parte dos mariscadores a pé e 2 xornadas de pesca de lixo activa por parte dos mergulladores.

Os bancos marisqueiros incluídos nos plans de xestión da Confraría de Pescadores de Vigo se desenvolven na marxe sur da Ría de Vigo, coincidindo co asentamento da maior poboación de Galicia. A actividade industrial e portuaria próxima aos bancos marisqueiros fai que sexan zonas susceptibles de acumular diferentes tipos de residuos de orixe antrópico, xenerados en terra pero que adoitan acabar no mar. Por outra banda o desenvolvemento da actividade pesqueira, os cultivos mariños en viveiros flotantes e as embarcacións de lecer poden contribuír a existencia de lixos e residuos no mar, nas praias e no intermareal rochoso.

A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas.

O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo e temos previsto a realización dun video divulgativo da problematica do lixo mariño e das tarefas de recollida.

Nesta nova limpeza de fondos mariños na zona da Manquiña, en Teis, recollimos algo máis de 1000 kg de lixo: artes de pesca, neumáticos (perto de 20), plásticos, botellas de vidro, un colchón, materiais de construción...

#MarLimpo

#SomosConfraria

, , ,

O venres 22/10/2021 realizamos a primeira xornada de recollida de lixo no areal de Areiño (A Guía) como parte das actividades do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22" do Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Este proxecto da continuidade o iniciado a pasado ano 2020 e vaise desenvolver en 6 xornadas de recollida de residuos no intermareal por parte dos mariscadores a pé e 2 xornadas de pesca de lixo activa por parte dos mergulladores.

Os bancos marisqueiros incluídos nos plans de xestión da Confraría de Pescadores de Vigo se desenvolven na marxe sur da Ría de Vigo, coincidindo co asentamento da maior poboación de Galicia. A actividade industrial e portuaria próxima aos bancos marisqueiros fai que sexan zonas susceptibles de acumular diferentes tipos de residuos de orixe antrópico, xenerados en terra pero que adoitan acabar no mar. Por outra banda o desenvolvemento da actividade pesqueira, os cultivos mariños en viveiros flotantes e as embarcacións de lecer poden contribuír a existencia de lixos e residuos no mar, nas praias e no intermareal rochoso.

A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas.

O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo e temos previsto a realización dun video divulgativo da problematica do lixo mariño e das tarefas de recollida.

O banco marisqueiro de Areiño está situado na coñecida como praia de A Punta, a carón do monte de A Guía na parte media da Ría de Vigo. Este areal é un dos principais bancos de ameixa babosa e ameixa fina do intermareal da zona de Vigo e nel traballan 5 mariscadores a pé da Confraría de Vigo durante 10 meses ao ano. Neste banco marisqueiro de máis de 50.000 m2 realizanse anualmente outras actuacións de semicultivo como remoción do sustrato e sementeiras de xuvenís de ameixa babosa procedentes de criadeiro, que axudan a rexeneración do areal.

Na xornada de recollida de lixo realizada o pasado venres puidemos constatar a gran cantidade de residuos que o mar devolve continuamente a zona litoral misturado coa area e as algas de arribazón. Estímase que máis do 80% destes residuos que chegan a praia teñen orixe terrestre e o 90% deles son plásticos.

Atopamos gran cantidade de restos de envases e envoltorios plásticos, restos de caixas, cabos e bolsas, palillos das bateas, latas, calzado vello e un novo residuo xerado durante este último ano como son as mascarillas. En total, durante as 4 horas de traballo retiramos 366 kg de residuos repartidos en máis de 2.000 items. Todos os residuos que permanecen no mar vanse fragmentando e disgregando no medio mariño puidendo chegar a entrar cadea trófica mediante a inxesta por parte dos organismos marños. Isto vai supoñer un problema para o ecosistema mariño e por ende para a saúde das personas.

 

,

A Confraría de Pescadores de Vigo, recibiu este ano de novo as Axudas que a Deputación de Pontevedra ofrece anualmente ás Confrarías da provincia. Neste ano 2021, as axudas están sendo utilizadas para a mellora da nosa Mariña Deportiva (arranxo de desperfectos por temporais, cambio de pavimento, e mantemento dos pilotes), así como á mellora da ergonomía nos postos de traballo na nosa oficina de atención aos socios e socias.

 

 

 

A Xunta licita a construción da nova Lonxa de Canido dous anos despois do derrube. O novo edificio dará resposta as necesidades operativas dos pescadores da Confraría de Vigo con porto base en Canido. A lonxa acollerá unha zona de ventas, cámara frigorífica, oficina, vestiarios masculinos e feminino, e unha zona de carga e descarga de mercadorias. (Faro de Vigo, 16/07/2021).

 

Podese consultar o proxecto básico e de execución, xunto o Anuncio de licitación na web de Portos de Galicia:

ANUNCIO DE LICITACIÓN DAS OBRAS DA “NOVA LONXA NO PORTO DE CANIDO" - (EXPEDIENTE PRG-2021-0033)

 

O Faro de Vigo faise eco do noso proxecto de Contabilidade Social, financiado pola Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.

 

 

 

 

 

A Confraría de Pescadores de Vigo e FUNDAMAR, no seu compromiso coa economía social, inician o diálogo cos seus grupos de interese no marco do proxecto ESO/PES CONTA de contabilidade social para entidades do sector pesqueiro.

 

A Confraría de Pescadores de Vigo e Fundación para la pesca y marisqueo –FUNDAMAR- continúan coa posta en marcha dun PLAN ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

 

Nesta parte do proxecto se está a desenvolver un proceso de diálogo cos grupos de interese, “Stakeholders”, entidades e persoas coas que se relacionan, coa finalidade de identificar cales son aquelas situacións nas que ambas entidades aportan algún tipo de valor ás diferentes persoas coas que interactúan. O que se procura é coñecer o valor social que xeran ambas entidades á sociedade e cuantificar economicamente dito valor.

A través da metodoloxía GEAccounting, aos datos recompilados dos diferentes grupos de interese se lles asignará un indicador asociado a un valor económico, destacando as aportacións de ambas entidades á sociedade, poñendo no centro ás persoas e os principios da Economía Social.