O venres 26/11/2021 realizamos a primeira xornada de recollida de lixo de fondos mariños, como parte das actividades do proxecto "Recollida de residuos marños na Confraría de Vigo 2021-22" do Plan Mar Limpo Mar Vivo, da Consellería do Mar. Este proxecto da continuidade o iniciado a pasado ano 2020 e vaise desenvolver en 6 xornadas de recollida de residuos no intermareal por parte dos mariscadores a pé e 2 xornadas de pesca de lixo activa por parte dos mergulladores.
Os bancos marisqueiros incluídos nos plans de xestión da Confraría de Pescadores de Vigo se desenvolven na marxe sur da Ría de Vigo, coincidindo co asentamento da maior poboación de Galicia. A actividade industrial e portuaria próxima aos bancos marisqueiros fai que sexan zonas susceptibles de acumular diferentes tipos de residuos de orixe antrópico, xenerados en terra pero que adoitan acabar no mar. Por outra banda o desenvolvemento da actividade pesqueira, os cultivos mariños en viveiros flotantes e as embarcacións de lecer poden contribuír a existencia de lixos e residuos no mar, nas praias e no intermareal rochoso.
A nosa experiencia pon de manifesto a grande efectividade das accións desenvolvidas, pero o mesmo tempo exixe dar continuidade accions de sensibilización e as xornadas dedicadas a pesca activa por parte dos profesionais do sector para eliminar ou reducir ao máximo posible a presenza de lixo acumulado durante décadas.
O proxecto actual ten como obxectivo a recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o manexo, caracterización e tratamento do lixo recollido e a sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así coma do resto de axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral. Por iso ademais das xornadas de limpeza realizamos a categorización e tratamento dos residuos coa colaboración da Autoridad Porturaia de Vigo e temos previsto a realización dun video divulgativo da problematica do lixo mariño e das tarefas de recollida.
Nesta nova limpeza de fondos mariños na zona da Manquiña, en Teis, recollimos algo máis de 1000 kg de lixo: artes de pesca, neumáticos (perto de 20), plásticos, botellas de vidro, un colchón, materiais de construción...
#MarLimpo
#SomosConfraria