Avisos
Comezamos a venda de loteria en dous puntos: na Lonxa de Canido e na nosa oficina do Berbés. Este ano se cadra toca, non o deixes pasar...
A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona.
O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable.
Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través do teléfono mobil ou no whatsapp 698 185 480
Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos!
Xa chegou a lotería da Confraría e estará á vosa disposición ata que rematemos as existencias.
Este ano contamos con participacións de 5 euros que poderedes coller cando vos acheguedes á oficina, e con décimos do mesmo número que poderedes reservar por teléfono ou WhatsApp.
Moita sorte!
Somos Confraría!
A Consellería do Mar vén de convocar unha nova edición das axudas para a compra dun buque de pesca destinada a menores de 40 anos (procedemento PE119A)
O prazo remata o día 24/01/2022
MÁIS INFORMACIÓN:
981 54 62 47
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211223/AnuncioG0427-131221-0001_gl.html
RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2020 da Xefa Territorial da Consellería do Mar en Vigo pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da confraría de Vigo
Convocase o proceso selectivo para a cobertura dunha (1) praza de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito territorial do plan de explotación de marisqueo a pé, na confraría de pescadores de Vigo.
Prazo de solicitudes: 15 días hábiles a partir do día seguinte ao que se publique esta convocatoria.