O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Ríos-ETEA”, na praia de Ríos, xunto as antigas instalacions da ETEA (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa e ameixa finan dunha parte do banco marisqueiro de Ríos, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento .
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos .
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE RÍOS-ETEA (PE209B-2019-016)
- Data de inicio: 01/06/2019
- Data de finalización: 30/06/2020
- Importe da subvención: 8.690€
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%