Enviado por
cofradiavigo
el
Mar, 14/01/2025 - 13:55
Mellora da Instalación eléctrica da mariña deportiva de Bouzas
Grazas á Deputación de Pontevedra seremos capaces de complementar o proxecto Amarre (Financiado polo GALP Ría de Vigo- A Guarda), e rematar as melloras na mariña deportiva de Bouzas, que a Confraría ten en concesión administrativa ata o ano 2034.
Esta acción inclúe a instalación dunha nova torreta de servizo, na parte renovada pola axuda do GALP, e máis dúas torretas de emerxencias que serán instaladas noutras zonas da mariña para mellorar a seguridade dos usuarios e usuarias. Ademais aproveitaremos para renovar toda a instalación eléctrica da mariña e reforzar a seguridade no cadro eléctrico.