Proxectos

Proxecto de mellora das infraestruturas en portos segundo a Orde do 23 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonx as ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP).

Mediante a realización deste proxecto dotamos dun local para almacenamento de pertrechos da pesca e outro equipamento variado empregado nas actividades pesqueiras, ademais de instalar un lavamans, mellorando a seguridade e condicións de traballo dos mariscadores e pescadores que empregan o porto de Canido. As mellora das infraestruturas e condicións de traballo vai permitir acadar unha actividade pesqueira máis sustentable e economicamente rendible.

PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS NO PORTO DE CANIDO (PE209G-2021/17)

  • Data de inicio: 13/09/2021
  • Data de finalización: 15/12/2021
  • Importe total concedido para o proxecto: 3.135,00 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC). 

O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies, fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.

Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.

PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2021F-026)

  • Data de inicio: 01/07/2021
  • Data de finalización: 30/06/2023
  • Importe total concedido para o proxecto: 87.596,60 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP

O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.

O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte de embarcacións con mergulladores e mariscadores en diferentes bancos marisqueiros e zonas de pesca da marxe sur da Ría de Vigo, nomeadamente zona de A Manquiña, A Guía e Ríos. Ademais da propia recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions de formación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.

Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.

PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2021/03)

  • Data de inicio: 03/03/2021
  • Data de finalización: 31/10/2022
  • Importe total concedido para o proxecto: 8.602,41 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.

O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte de embarcacións con mergulladores e mariscadores en diferentes bancos marisqueiros e zonas de pesca da marxe sur da Ría de Vigo, nomeadamente zona de A Manquiña, A Guía e Ríos. Ademais da propia recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions de formación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.

Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.

PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2020/07)

  • Data de inicio: 03/05/2020
  • Data de finalización: 15/10/2021
  • Importe total concedido para o proxecto: 6.539,66 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Video resumo do proxecto na seguinte ligazón: https://youtu.be/2zhJUqibMQM

Presentación CANVA na seguinte ligazón: VIGO-MAR-LIMPO (canva.com)

Xuntanza de traballo

PLAN ESTRATÉXICO PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO.

A Confraría de Pescadores de Vigo e a Fundación para la pesca y marisqueo – FUNDAMAR-, desenvolveron durante o 2020 e 2021 un PLAN  ESTRATÉXICO  PARA O DESENVOLVEMENTO DUN MODELO DE CONTABILIDADE SOCIAL PARA AS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DO SECTOR PESQUEIRO, co apoio da Rede Eusumo, impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.

O obxectivo foi visibilizar, xestionar e monetizar o valor social xerado polas organizacións do sector pesqueiro e poder establecer un modelo de contabilidade social transferible, neste caso replicable para ao resto de Confrarías de Galicia, xa que desde o punto de vista contable e financeiro, é fácil coñecer o rendemento económico dunha organización analizando os seus estados financeiros, pero hai aspectos que xeran valor para a sociedade e que non están incluídos nestes saldos como é o valor social; un valor que se pode medir e que vai máis alá do valor de mercado.

Con esta iniciativa preténdese tamén reforzar as actividades de difusión da economía social para sensibilizar sobre a importancia de que todos os axentes e a cidadanía contribúan a xerar emprego de calidade, fixar poboación, respectar ao medio e cambiar os procesos de produción, distribución, consumo e aforro das empresas e entidades do sector pesqueiro e marisqueiro.

Achegamos documento onde se recollen os resultados obtidos do traballo realizado dende setembro do ano 2020.

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de O Mende”, no Concello de Vigo ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.

Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos. 
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DO MENDE (PE209B-2021-034)

  • Data de inicio: 01/09/2021
  • Data de finalización: 30/06/2022
  • Importe da subvención: 4.000€

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP 

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2021-014)

  • Data de inicio: 01/09/2021
  • Data de finalización: 30/06/2022
  • Importe da subvención: 6.000 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP 

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC). 

O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies, fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.

Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.

PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2020F-036)

  • Data de inicio: 01/07/2020
  • Data de finalización: 30/06/2021
  • Importe total concedido para o proxecto: 37.623,00 euros

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.

Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos. 
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2020-018)

  • Data de inicio: 01/06/2020
  • Data de finalización: 30/06/2021
  • Importe da subvención: 5.400€

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP 

O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.

O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.

As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.

Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos. 
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.

PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2019-014)

  • Data de inicio: 01/06/2019
  • Data de finalización: 30/06/2020
  • Importe da subvención: 3.600€