Proxectos
O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos.
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2020-018)
- Data de inicio: 01/06/2020
- Data de finalización: 30/06/2021
- Importe da subvención: 5.400€
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Areiña”, na praia de A Guía (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa nunha parte do banco marisqueiro de Areiña, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento.
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos.
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores participantes no plan.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE AREIÑA (PE209B-2019-014)
- Data de inicio: 01/06/2019
- Data de finalización: 30/06/2020
- Importe da subvención: 3.600€
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de “Restauración da biodiversidade no banco marisqueiro de Ríos-ETEA”, na praia de Ríos, xunto as antigas instalacions da ETEA (Vigo), ten por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro, contribuíndo a unha mellor xestión dos recursos biolóxicos mariños.
O principal obxectivo é a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables.
As actividades que se pretenden realizar son a recollida de lixos, remoción do substrato e a repoboación cunha especie autóctona. Estas actuacións están destinadas ao mantemento e mellora da biodiversidade e dos servizos ecosistémicos e a operacións que contribúan a unha mellor xestión dos recursos mariños vivos.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo vaise cumprir, recuperando a poboación de ameixa babosa e ameixa finan dunha parte do banco marisqueiro de Ríos, mediante a consecución dos seguintes obxectivos específicos:
1. Descompactación e mellora das condicións físicas e químicas do sedimento .
2. Redución da contaminación por lixos antropoxénicos .
3. Conservación das especies de moluscos bivalvos autóctonas, mediante sementeira con ameixa babosa procedente de criadeiro.
4. Contribución a mellora do emprego e das condicións laborais do marisqueo. A restauración do banco e o aporte de semente vai contribuír a mellora do emprego dos mariscadores.
PROXECTO DE RESTAURACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE RÍOS-ETEA (PE209B-2019-016)
- Data de inicio: 01/06/2019
- Data de finalización: 30/06/2020
- Importe da subvención: 8.690€
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC).
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies. fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.
Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.
PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2019F-034)
- Data de inicio: 01/07/2019
- Data de finalización: 30/06/2020
- Importe total concedido para o proxecto: 37.320€
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
A Confraría de Pescadores “San Francisco” de Vigo xunto coa Fundación para la pesca y marisqueo (FUNDAMAR) estamos a traballar nun novo proxecto no ámbito da Economía Social e ao albeiro das axudas da Rede Eusumo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
O proxecto denominado “Plan de colaboración de entidades de economía social do sector pesqueiro e do sector educativo para o fomento do emprendemento”, desenvolverase durante os anos 2019-2020, e ten como finalidade o fomento do cooperativismo e a economía social, así como crear pontes de colaboración entre entidades do sector pesqueiro e o sector educativo.
As e os protagonistas deste proxecto son as alumnas e alumnos do Centro de Formación Profesional Mendiño, que se achegarán ao sector pesqueiro e os seus axentes para coñecelo en profundidade, realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) e poñer en marcha os proxectos de emprendemento social ideados por elas e eles mesmos, sempre dende os valores e principios da Economía Social.
A Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, vén de iniciar o seu proxecto “Un Mar de Oportunidades”, financiado polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da Ría de Vigo e A Guarda dende o pasado día 1 de agosto de 2019.
“Un Mar de Oportunidades” é un proxecto produtivo que ten como obxectivo estratéxico crear oportunidades económicas a través da diversificación da economía pesqueira local.
A acción principal do proxecto é a mellora dos servizos de amarre no pantalán flotante na zona portuaria de Bouzas, que a Confraría de Pescadores de Vigo xestiona en réxime de concesión, ofrecendo un espazo de oportunidades que permita o impulso de novas actividades como o turismo mariñeiro na Ría de Vigo, así como apoio á investigación mariña e iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.
Como inicio do proxecto, en outono do ano 2019, acometerase unha obra para mitigar os problemas causados pola exposición á ondada e mellorar a seguridade e a comodidade no amarre e acceso aos servizos. As novas estruturas manteñen a superficie ocupada actual respectando o entorno natural no que está emprazado o pantalán.
O proxecto “Un mar de oportunidades” vai dirixido á comunidade pesqueira, preferentemente socias/os da confraría de Vigo, pero está aberto á colaboración doutras persoas e axentes da economía marítima local. Nestes momentos dispoñemos de prazas de amarre tanto para embarcacións deportivas como para iniciativas de emprendemento local vinculadas ao mar.
O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC).
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies. fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.
Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.
PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2018F-034)
- Data de inicio: 01/07/2018
- Data de finalización: 30/06/2019
- Importe total concedido para o proxecto: 30.111,20 euros
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC).
O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies. fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.
Unha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.
PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2017F-0033)
- Data de inicio: 01/07/2017
- Data de finalización: 30/06/2018
- Importe da subvención: 28.201,60 euros
PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%
A Confraría de Pescadores de Vigo vai colaborar co Centro de Investigacións Mariña (CIMA) e a Estación de Ciencias mariñas de Toralla (ECIMAT) na investigación que ten por obxecto estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo e a súa aplicación a xestión pesqueira.
A acción de investigación vai estudar a variabilidade do ciclo reprodutivo, talla de primeira posta e crecemento da navalla (Ensis magnus) na Ría de Vigo desde os bancos máis interiores (Rande) ata os máis exteriores (Illas Cíes), ase como o desenvolvemento da ferramenta que se emprega na ría de Pontevedra e a súa aplicación por parte das asistencias técnicas e os
biólogos de zona para axudar á pesqueira.
O proxecto ten una duración de tres anos, ata 2020 e os resultados da investigación están orientados a:
- Coñecer e reducir os períodos de peche e os descartes de exemplares que se producen unha vez realizada a posta pola perda do pé ao realizar a extracción (capamento) e a súa variabilidade anual.
- Estudo da estrutura de tallas e biomasa de tres - catro bancos principais de navalla na Ría de Vigo desde o seu interior ao exterior (Rande, Cabo de Mar, Tirán e Rodas), con dúas mostraxes ao ano e a súa implantación noutros bancos da Ría de Vigo con posterioridade. Estudo das biometrías da navalla dos diferentes bancos.
- Desenvolvemento dunha plataforma para a visualización do estado do recurso dos distintos bancos que inclúa un servidor de base de datos accesible remotamente, un servidor de proceso e páxinas web de entrada/saída para mariscadores, asistencias técnicas e biólogos de zona, para móbiles Android e ordenadores de sobremesa.
A navalla é un recurso especifico extraído mediante técnicas de mergullo segundo o plan de xestión anual aprobado pola Consellería do mar. Na actualidade a navalla é un un dos recursos marisqueiros máis importantes para a Confraría de Pescadores de Vigo.
A confraría de Vigo particpa no proxecto "Mellora na gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do P.N. Illas Atlánticas", liderado pola Confraría de Cangas e subvencionado pola Consellería do Mar e o FEMP, ao abeiro das Estratexías de desenvolvemento Local Particpativo.
O proxecto busca o fortalecemento da pesca a pequena escala e empoderamento na gobernanza das súas actividades pesqueiras aos pescadores tradicionais a través do traballo de elaboración dun documento de diagnose que recolla a dependencia socioeconómica das confrarías dos GALPs da Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo – A Guarda, no ámbito das augas do P.N. Illas Atlánticas e as medidas de xestión pesqueira propostas por estas entidades.