RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO 2024-2025

Enviado por cofradiavigo o Lun, 16/12/2024 - 11:23
Recollida de residuos mariños 2024

O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.

O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte das persoas mariscadoras en diferentes bancos marisqueiros da marxe sur da Ría de Vigo. Ademais da propia recollida de residuos mariños na zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions divulgación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.

Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.

PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2024-012)

  • Data de inicio: 10/10/2024
  • Data de finalización: 15/11/2025
  • Importe total concedido para o proxecto: 11.132,07 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMPA 2021-2027 - Proxecto financiado polo FEMPA nun 70% e C.A. nun 30%