Sobre nós

Sobre nós

 

Confraría de Pescadores "San Francisco" de Vigo é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

Confraría de Pescadores de Vigo ten unha fonda tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.

As empresas e traballadores asociados descargan as súas capturas nos principais portos de Galicia e realizan a primeira venda na lonxa de Canido e nas lonxas do porto de Vigo.