Hippo-DEC Proxecto sobre CABALIÑOS DE MAR

Hippo-DEC Proxecto sobre CABALIÑOS DE MAR

 

Os responsables deste proxecto, encargado polo MITECO, solicitan colaboración en caso de avistamentos

Os cabaliños de mar son especies incluídas no Listado Español de Especies Silvestres con Protección Especial. A información existente sobre o estado das súas poboacións salvaxes é moi limitada, polo que se procura a vosa colaboración no caso de avistamentos ou aparicións de exemplares mortos. Podedes poñervos en contacto coa confraría ou chamando ao teléfono 986231930 (preguntar por Miguel Planas, Jorge H. Urcera ou Sira Pereira). Xuntamos infografía co protocolo de actuación para cada caso. Podedes seguir os avances do proxecto en twitter (X): @Hippo_DEC

Grazas!