Existen moitos xeitos de experimentar, vivir e transmitir o mar e iso é o que busca demostrar a iniciativa de turismo mariñeiro inclusivo Sensea, enmarcada no proxecto Ecodestin_3IN financiado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e no que a Consellería do Mar participa como beneficiario.
A través de iniciativas como Sensea buscamos por en valor os destinos náuticos de Galicia como destinos accesibles e integradores para persoas con discapacidade visual e mobilidade reducida e posicionar a Galicia como destino econáutico europeo. Así o expliquei hoxe en Baiona durante o evento promocional desta iniciativa.