Ourizo

Os ourizos son invertebrados mariños que habitan fondos superficiais de substratos duros. Presentan unha cuncha externa protexida por espiñas móbiles, normalmente de cor escura aínda que cunha gran variedade de tonalidades (dende o negro ata o branco pasando polo lila, verde ou amarelo). Paracentrotus lividus é a especie máis común en gran parte de Europa

A súa captura regúlase mediante plans de xestión, e o período autorizado para a comercialización da especie vai dende outubro ata abril, en relación directa co seu ciclo gonadal. Pode extraerse a pé ou ben dende embarcación empregando técnicas de mergullo con subministro de aire dende superficie.

Do ourizo so se consume a gónada ou glándula reprodutora, que pode comerse tanto en cru coma en distintos preparados (conservas, patés, revoltos, ...). As gónadas das femias soen ter unha cor laranxa, moi forte cando están maduras, mentres que as dos machos son dun amarelo máis claro ou pardo.

Imagen especie
Tipo especie
Nombre latin
Paracentrotus lividus