Percebe

Os percebes son crustáceos cirrípedos que habitan a zona rochosa exposta, pegados ás rochas polo pé. Este pé é musculatura recuberta dun forte tegumento para resistir o embate do mar, sendo esta musculatura a parte comestible dos individuos.  Aliméntanse por filtración, despregando os cirros que se atopan no interior da unlla ou capítulo.

A explotación comercial das poboacións de percebe está regulada en Galicia por plans de xestión, nos que se establecen os mecanismos para garantir unha explotación sustentable dos bancos marisqueiros. Nesta confraría realízase unha rotación destes bancos que permite traballar ao longo de todos os meses do ano.

Para a súa extracción os percebeiros empregan rasquetas coas que se golpea a base das piñas de percebe, para poder arrincalas máis doadamente da rocha.

O percebe das nosas costas é un produto único de calidade insuperable, distinguible polo seu intenso sabor. "Auga a ferver, percebes botar, auga a ferver, percebes sacar". Este famoso dito culinario resume de xeito claro y conciso a receita máis deliciosa de todas cantas teñan como ingrediente principal o percebe.

Imagen especie
Tipo especie
Nombre latin
Pollicipes pollicipes