A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE VEÍCULOS DE VIXILANCIA E OUTROS INVESTIMENTOS

Enviado por baiona o Lun, 19/06/2023 - 11:23

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha axuda de 30.000€ a esta confraría, a través dun proxecto presentado ao abeiro das bases publicadas no BOPPO Nº 29, do venres 10 de febreiro de 2023. Dito proxecto contempla unha serie de investimentos para mellorar os servizos prestados ás persoas asociadas, dotando de vehiculos ao servizo de vixilancia e realizando remodelacións nas instalacións de lonxa e oficinas.