CONCESIÓN SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA O ANO 2021

CONCESIÓN SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA O ANO 2021

 

Con data 13 de Agosto publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña ( BOP núm 153) que esta Confraría recibiú  unha subvención aprobada correspondente a CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓS DE FOMENTO PESQUEIRO DIRIXIDO ÁS CONFRARÍAS DE PESCADORES E AGRUPACIÓNS DE MARISCADORES E MARISCADORAS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA ACTIVIDADES DURANTE O ANO 2021.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN : DESENROLO DE TRABALLO PARA ATOPAR NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR, DAR SAIDA A NOVOS PRODUCTOS E MELLORAR A PRODUCIÓN.

CANTIDADE CONCEDIDA : 18.500 Euros.

CÓDIGO DO EXPEDIENTE : 2021000017019

Con esta subvención permítese a cobertura de dous postos de traballo ao longo do ano 2021, un a media xornada e outro a xornada completa. Este persoal é o que se encargará de intentar acadar o obxecto da subvención, á marxe doutras tarefas que xa están establecidas na Confraría.