XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA 2019-2020

Enviado por cofradiavigo o Dom, 20/06/2021 - 19:56

O proxecto de "Xestión e conservación dos recursos a da biodiversidade mariña no ámbito de explotación da Confraría de Pescadores de Vigo", está orientado a contribuír a protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

A elaboración deste proxecto está en concordancia coas prioridades establecidas no Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que a súa vez segue a revisión feita pola actual política pesqueira común (PPC). 

O principais obxectivos deste proxecto son a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, unido a protección e recuperación da biodiversidade mariña. Os obxectivos especificos incluen asesoramento técnico para a realización dos plans de xestión, asesoramento técnico para a protección e recuperación das zonas de produción, asesoramento técnico para a conservación e protección dos hábitats e das especies. fomento da sensibilización ambiental e vixilancia e control do acceso aos recursos mariños.

Uha vez rematadas as actuacións previstas no proxecto acadamos un alto grao de consecución dos obxectivos. O obxectivo xeral do mesmo cumpriuse, obténdose información moi valiosa para a xestión responsable e sustentable dos recursos mariños, a conservación dos ecosistemas e a protección e recuperación da biodiversidade mariña.

PROXECTO DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DOS RECURSOS E DA BIODIVERSIDADE MARIÑA (PE209C-2019F-034)

  • Data de inicio: 01/07/2019
  • Data de finalización: 30/06/2020
  • Importe total concedido para o proxecto: 37.320€

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP