No marco da subvención PE209G (Axudas autonómicas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca) foi concedida a compra dunha máquina produtora de xeo.
O equipo foi colocado na habitación da cámara frigorífica empregada polos tripulantes asociados á nosa entidade, coa finalidade de contribuír a manter a cadea de frío durante os procesos de almacenaxe e transporte.
O orzamento desta subvención, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) nun 75% e pola Xunta de Galicia nun 25%, foi de 20.430 €.