Sementeira de ameixa xapónica

A semana pasada desenvolveuse con éxito o proxecto "Rexeneración de zonas de baixa produtividade mediante a sementeira de ameixa xapónica". Nesta iniciativa, respaldada pola subvención PE209H (Axudas a proxectos de rexeneración que permitan mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de pérdida de produción e que contribúan a unha mellora da xestión e conservación sostible dos recursos mariños), liberaronse 174,300 unidades de semente de ameixa xapónica nunha área fangosa de 1474 metros cadrados localizada nas inmediacións de O Seixo, na enseada de A Barca. A elección desta especie debeuse á súa boa adaptación a ambientes nos que a maioría das outras especies non poderían desenvolverse, coma a zona deste proxecto, con sustrato fangoso.

Uns días antes das actividades, foron colocadas nasas polo perímetro para retirar os depredadores que puidesen danar a ameixa (principalmente cangrexos), os cales posteriormente foron liberados ao mar nunha zona afastada dos bancos marisqueiros.

 

A data inicialmente prevista para a sementeira era o 14 de novembro. Non obstante, debido ás intensas chuvias dese día, que poderían poñer en risco os exemplares, decidiuse levar a cabo unicamente a remoción do sustrato (coa finalidade de facilitar o enterramento dos animais) e pospoñer a sementeira para o día seguinte, cando as condicións meteorolóxicas foron máis favorables.

 

 

 

 

Este proxecto contou cun orzamento total de 2963,10 € e foi financiado en un 75% polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e en un 25% pola Xunta de Galicia.