NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR OS PRODUTOS EXISTENTES, DAR SAIDA A OUTROS NOVOS E MELLORAR A PRODUCIÓN (SALARIOS E SEGURIDADE SOCIAL)

Enviado por Cofradia o Mér, 02/06/2021 - 13:08

A Confraría recibiu unha axuda da Deputación da Coruña correspondente á "convocatoria do programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia de A Coruña para actividades durante o ano 2020".

Obxecto da subvención: "Novas formas de comercializar os produtos existentes, dar saida a outros novos e mellorar a produción (salarios e seguridade social)".

Importe concedido: 18.000 €

Código expediente: 2020000011616

 

Esta axuda permite a contratación por parte da Confraría de dous postos administrativos durante todo o ano 2020. Un cun contrato de 20 h de traballo á semana e outro cun contrato a xornada completa.

Este persoal é o encargado das relacións cos clientes habituais da entidade, así como da procura de novos clientes, que permitan mellorar a comercialización dos produtos. Ademais, desde principios do ano 2020, instalouse un novo programa de traballo ( LonxasGalegas 4.0) que inclúe unha parte que permite realizar a poxa dos produtos de forma telemática, labor que realizan tamén os administrativos da confraría.