A Lonxa de Canido ponse en marcha
A Lonxa de Canido retoma a actividade coa venda do Polbo da Ría, produto estrela dos barcos da Confraría que traballan na zona.
O Polbo de Canido será vendido a restaurantes, empresas transformadoras e particulares. A idea é poñer en valor un produto de cercanía, Km cero e de gran calidade e frescura, ademais de coñecer directamente ás persoas que o pescan. Unha pesca artesanal comprometida co presente e futuro da nosa ría, unha pesca sustentable.
Se estás interesado/a en comprar polbo podes contactar con nós a través do teléfono mobil ou no whatsapp 698 185 480
Compartimos o vídeo de Artes Menores que fixemos cun dos barcos que pescan o polbo en Canido. Agardámosvos!