PROXECTO CANIDO PESQUEIRO

Enviado por saec el Mié, 23/10/2024 - 09:09
z

A Confraría vén de comezar o proxecto "CANIDO PESQUEIRO" financiado polo GALP Ría de Vigo- A Guarda. Este proxecto pretende mellorar o funcionamento da Lonxa de Canido, que dá servizo aos nosos asociados e asociadas.

Nesta anualidade 2023 as actuación foron centradas na compra e posta en marcha dun viveiro de marisco, así como unha caixa rexistradora que permite a atención da venda directa da pesca dos nosos barcos. Ademais incorporamos á nosa plantilla unha muller, que será a que centre os traballos comercialización dos produtos que cheguen á Lonxa, servindo de enlace entre mariñeiros/as e clientela (restaurantes, frigoríficos e veciñanza).