EQUIPAMENTO DA LONXA DE CANIDO

Enviado por cofradiavigo el Lun, 28/11/2022 - 14:22

Proxecto para o equipamento da nova Lonxa de Canido, solicitado segunda a Orde do 4 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e as condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP)

Mediante a realización deste proxecto dotamos a Lonxa de Canido dunha cámara frigorífica para almacenamento dos produtos procedentes da pesca, un equipo de pesaxe e una maquina produtora de xeo. Este equipamento vai permitir o almacenamento temporal dos produtos dende o desembarco ata o momento da venda na mesma lonxa ou ata que se realice o transporte a outro centro de venda autorizado. Permite igualmente almacenar os produtos en caso de recollida por non completarse a primeira venda no mesmo día.O equipo de pesaxe vai permitir o control das capturas realizadas polos profesionais da pesca. O proceso de control e rexistro das descargas en lonxa é obrigatorio e vai garantir a correcta rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e do marisqueo.

Unha vez realizado completado o proxecto disporemos dunha lonxa mellor equipada que permite a acadar unha mellora da calidade e do control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca. A mellora da calidade e do incremento do control e a rastrexabilidade dos produtos pesqueiros asegura a viabilidade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego e insire no territorio tanto espacial como socialmente.

PROXECTO DE EQUIPAMENTO DA LONXA DE CANIDO (PE209G-2022/51)

  • Data de inicio: 19/07/2022
  • Data de finalización: 01/12/2022
  • Importe total concedido para o proxecto: 25.094,25 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%

Máis información sobre os proxectos colectivos do FEMP