A CONFRARÍA CREA UNHA REDE DE VIXIANCIA DE PELETS

Coidemos o mar e os nosos recursos

Comezada a crise dos pelets na nosa costa, a Confraría vén de informar aos seus socios e socias, en contacto diario co mar e o litoral, sobre o verquido coa finalidade de crear unha Rede de Vixiancia que permita saber a afectación da nosa ría, día a día.