ACCIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE A NAVALLA NA RÍA DE VIGO

Enviado por cofradiavigo o Dom, 20/06/2021 - 20:07

Confraría de Pescadores de Vigo vai colaborar co Centro de Investigacións Mariña (CIMA) e a Estación de Ciencias mariñas de Toralla (ECIMAT) na investigación que ten por obxecto estudo da variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da navalla na Ría de Vigo e a súa aplicación a xestión pesqueira.

A acción de investigación vai estudar a variabilidade do ciclo reprodutivo, talla de primeira posta e crecemento da navalla (Ensis magnus) na Ría de Vigo desde os bancos máis interiores (Rande) ata os máis exteriores (Illas Cíes), ase como o desenvolvemento da ferramenta que se emprega na ría de Pontevedra e a súa aplicación por parte das asistencias técnicas e os
biólogos de zona para axudar á pesqueira.

O proxecto ten una duración de tres anos, ata 2020 e os resultados da investigación están orientados a:

  • Coñecer e reducir os períodos de peche e os descartes de exemplares que se producen unha vez realizada a posta pola perda do pé ao realizar a extracción (capamento) e a súa variabilidade anual.
  • Estudo da estrutura de tallas e biomasa de tres - catro bancos principais de navalla na Ría de Vigo desde o seu interior ao exterior (Rande, Cabo de Mar, Tirán e Rodas), con dúas mostraxes ao ano e a súa implantación noutros bancos da Ría de Vigo con posterioridade. Estudo das biometrías da navalla dos diferentes bancos.
  • Desenvolvemento dunha plataforma para a visualización do estado do recurso dos distintos bancos que inclúa un servidor de base de datos accesible remotamente, un servidor de proceso e páxinas web de entrada/saída para mariscadores, asistencias técnicas e biólogos de zona, para móbiles Android e ordenadores de sobremesa.

A navalla é un recurso especifico extraído mediante técnicas de mergullo segundo o plan de xestión anual aprobado pola Consellería do mar. Na actualidade a navalla é un un dos recursos marisqueiros máis importantes para a Confraría de Pescadores de Vigo.