PROXECTO "CANIDO, LONXA VIVA"

Enviado por cofradiavigo o Mar, 30/08/2022 - 14:13

Nace un novo proxecto que vén completar e continuar o traballo iniciado no proxecto “Somos Confraría" (169- GALP Ria de Vigo- A Guarda) ano 2022.

Céntrase en fornecer de materiais á Nova Lonxa de Canido, case rematada a súa construcción nestes momentos, complementando e facendo realidade accións que se inician no proxecto de Gobernanza “Somos Confraría”.

A Lonxa de Canido, que era xestionada pola Confraría, sufriu un derrubamento no ano 2019, facendo que a nosa organización deixara de vender parte da súa produción e dificultando o acceso a diversas axudas, sobre todo en tempos de pandemia.  A reconstrución da lonxa de Canido é xa unha realidade. Este novo espazo pretende ser o centro de operacións para a mellora das condicións de traballo no mar e un centro de operacións para a conexión co consumo local de peixe e marisco. Ábrese unha nova oportunidade para que a Confraría poida completar as cadeas de produción e dar un servizo completo aos seus asociados/as e á cidadanía de Vigo e contorna. Planificar a xestión da nova Lonxa de Canido e implicar aos socios e socias é unha tarefa necesaria para o seu uso eficiente no futuro. Acondicionamento da zona de produtos pesqueiros e da oficina de traballo da Lonxa ademais da mellora da distribución e venda, son as principais liñas de actuación deste proxecto.