RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO 2022-2023

Enviado por cofradiavigo o Ven, 14/10/2022 - 21:46

O proxecto de "Recollida de residuos mariños no ámbito da Confraría de Pescadores de Vigo", forma parte do Plan MAR LIMPO da Consellería do Mar, e ten como obxectivo principal a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de lixos mariños coa participación do sector da pesca.

O proxecto desenvolveuse mediante accións de pesca de lixo activa por parte de embarcacións con mergulladores e mariscadores en diferentes bancos marisqueiros e zonas de pesca da marxe sur da Ría de Vigo, nomeadamente zona de A Manquiña, A Guía e Ríos. Ademais da propia recollida de residuos mariños no mar e zona intermareal, o proxecto inclue accions de manexo, caracterización e tratamento do lixo mariño recollido e accions de formación e sensibilización das persoas pescadoras e mariscadoras, así como doutros axentes do sector pesqueiro e da cidadanía en xeral.

Mediante a realización deste proxecto logramos diminuír a cantidade de residuos mariños nas zonas de extracción de recursos mariños por parte de pescadores e mariscadores. Isto vai supoñer a eliminación de focos de contaminación, un aumento da superficie produtiva e unha mellora da calidade da auga e do substrato, o que vai repercutir directamente na recuperación da biodiversidade, incluídas as especies comerciais.

PROXECTO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS MARIÑOS NA CONFRARÍA DE VIGO (PE209F-2022/04)

  • Data de inicio: 01/09/2022
  • Data de finalización: 15/10/2023
  • Importe total concedido para o proxecto: 10.820,16 €

PROGRAMA OPERATIVO FEMP 2014-2020 - Proxecto financiado polo FEMP nun 75%