Noticias
Axudas para accións formativas, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e de
Pesca (FEMP), que contribúan ao desenvolvemento da formación profesional,
das novas competencias profesionais e da formación permanente do sector
pesqueiro (código de procedemento PE610A)

RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PUNTUACIÓNS OBTIDAS POLAS PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS AO PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS, E AS PERSOAS EXCLUÍDAS DO PROCESO.
De conformidade co establecido na base 2. do anexo A da resolución do 9 de marzo de 2023 pola que se convocou o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.
RESOLVE:
1. Facer pública a listaxe provisional das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé para o exercicio da actividade extractiva no ámbito da confraría de pescadores de Muros.
2. As persoas aspirantes disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, a contar a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución, para efectuar alegacións ás puntuacións outorgadas.
3. Facer pública a listaxe definitiva das persoas excluídas ao proceso selectivo, así como as causas da súa exclusión. As persoas excluídas poderán presentar contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, un recurso de alzada ante a conselleira do mar no prazo dun (1) mes a contar a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co establecido nos artigos 30, 121 e 122 da lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presente resolución publicarase no taboleiro de anuncios da xefatura territorial da Coruña e na páxina web http://mar.xunta.gal/. A resolución tamén se exporá, con carácter informativo, nos taboleiros de anuncios da confraría de pescadores de Muros e da xefatura comarcal da consellería do Mar de Ribeira
A xefa territorial
Mª José Cancelo Baquer
NORMAS DA CAMPAÑA MARISQUEIRA DO ANO 2023
APERTURA CAMPAÑA: MARTES DÍA 2 DE MAIO.
DÍAS DE TRABALLO SEMANAIS: DE LUNS A XOVES.
HORARIO DE MARISQUEO:
DENDE AS 8:00h A 11:00 h, E NON FONDEAR
DENTRO DA ZONA AUTORIZADA ANTES DAS 7:30 horas, respectando as boias.
ARTES AUTORIZADAS:
RASTRO DE 18mm DE SEPARACIÓN ENTRE VARILLAS.
TOPES DE CAPTURAS:
NON SE PODRÁ ESCOLLER EN TERRA O MARISCO.
- Ameixa babosa: 3kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Ameixa rubia: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Cornicha: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Ameixa bicuda (bruxa): 3kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Ameixa fina: 2kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Berberecho: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Carneiro: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Ameixón: 5kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
- Ameixa xaponesa: 2kg/tripulante enrolado e a bordo/día.
ZONA DE TRABALLO:
BANCOS DE A FLOTE DA VIRXEN E DE ABELLEIRA . (ZONAS DE AUTORIZACIÓN DA CONFRARÍA).
PUNTO DE VENDA:
LONXA DE MUROS. Obrigatorio traelo marisco directamente do lugar de traballo á lonxa.
NOTA: PROHIBIDO DESCARGAR NOS PANTALÁNS
NOVA ACTUACIÓN CONTRA O FURTIVISMO EN MUROS
Nunha operación conxunta da Garda Civil de Muros e mailo Servizo de Gardapescas da confraría de Muros, esta noite do 19 ao 20 de marzo procederon a realizar a localización de furtivos nas praias de Esteiro e Virxe do Camiño, onde comisaron un total de 42 quilos de berberecho, así coma diversos aparellos para mariscar, tales coma bolsas de rede con flotadores, un rastro e un traxe de neopreno. Varios individuos conseguiron escapar sen poder ser identificados. Emporiso, Subliñar que grazas a presenza da Garda Civil de Muros, se puido localizar a un deles, dándolle o alto e sorprendido nun coche con marisco furtivo dentro e máis todos os aparellos antes relacionados e comisados.
Tamén grazas a autoridade e presenza da Garda Civil se identificou o condutor, que resultou ser un coñecido individuo dos servizos de vixilancia e xa denunciado noutras ocasións. As iniciais son EMR. de 42 anos e veciño de Boiro que quedou detido nas dependencias do Cuartel de Muros e comisado tamén o vehículo que conducía.
NON PODEMOS MÁIS QUE SEGUIR AGRADECENDO O INESTIMABLE TRABALLO E COLABORACIÓN QUE ESTÁ PRESTANDO A GARDA CIVIL EN XERAL, E O CUARTEL DE MUROS EN PARTICULAR.
CALENDARIO PARA A RENOVACIÓN DOS PERMISOS DE EXPLOTACION A PÉ DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS
PERMISO DE EXPLOTACION DE MARISQUEO A PE NA MODALIDADE XERAL PARA O ANO 2024:
- Do 19 de abril ao 10 de maio de 2023:
RECURSOS ESPECÍFICOS A PÉ NA MODALIDADE DE PERCEBE PARA O ANO 2024:
- Do 10 de maio ao 31 de maio de 2023:
RESOLUCIÓN DA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR NA CORUÑA, POLA QUE SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA O ACCESO AO PERMISO DE EXPLOTACIÓN, MODALIDADE DE MARISQUEO XERAL A PÉ, PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE EXTRACTIVA NO ÁMBITO DA CONFRARÍA DE PESCADORES DE MUROS.
O prazo para a presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios desta xefatura territorial e na páxina web http://www.mar.xunta.gal.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 13 ao 31 de MARZO de 2023
AXUDAS A TRIPULANTES DE BUQUES PESQUEIROS
CONSELLERÍA DO MAR:
ORDE do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2023 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE119A).
Esta orde ten por obxecto establecer a convocatoria para o ano 2023 e as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Código de procedemento administrativo PE119A.
Artigo 6. Requisitos específicos das persoas beneficiarias
Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
– Ter menos de 40 anos de idade no momento de presentar a solicitude de axuda.
– Estar de alta ou situación asimilada á alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
– Ter traballado, cando menos, cinco anos como pescador ou ter a titulación profesional exixida segundo o tipo de embarcación que se vai adquirir (segundo o establecido no Real decreto 36/2014, do 24 de xaneiro).
– O buque que adquira ten que estar operativo e inscrito no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, ter unha eslora total inferior a 24 m, entre 5 e 30 anos de antigüidade, estar equipado para a pesca mariña e pertencer a un segmento de frota que no informe de capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, a que se refire o artigo 22.2 do Regulamento (UE) núm. 1380/2013, amose equilibrio coas posibilidades de pesca. Malia o anterior, antes da concesión da axuda o buque deberá ter a situación de estar en equilibrio (isto aplicaríase no caso de que entrase en vigor un novo informe de capacidade antes da concesión da axuda).
– A compra pode realizarse na súa totalidade ou de forma parcial; neste caso, se o buque é adquirido por máis dun beneficiario, a totalidade das axudas concedidas para esta compra debe cumprir o número 2 do artigo 9.
– Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio, nos termos indicados no artigo 12 desta orde, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data da presentación da solicitude.
Prazo de presentación das solicitudes: 06.02.2023.

AXUDAS A PROPIETARIOS DE BUQUES PESQUEIROS.
O Diario Oficial de Galicia do venres 13 de xaneiro de 2023, publica a ORDE da Conselklería do Mar do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2023, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C e PE120E).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para 2023, de axudas destinadas á realización de actuacións por parte de propietarios de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Os códigos dos procedementos administrativos regulados por esta orde son os seguintes:
– PE120A, para axudas que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
– PE120B, para axudas que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.
– PE120C, para axudas en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático.
– PE120E, para axudas que aumenten o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.
Prazo de presentación das solicitudes
Para esta convocatoria de 2023 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230113/AnuncioG0427-211222-…